Situación

 |
Saíndo
de Ourense,camiño de Madrid, atoparemos Congostro a uns 35
quilómetros.A nova autovía Vigo - Benavente facilita o
desprazamento. O percorrido por estas terras é doado e a viaxe
faise
agradable e repousada, ofrecéndoselle ao viaxeiro a posibilidade
de contemplar as terras de labor, os diferentes cultivos, as suaves
ladeiras dos montes, as carballeiras, as veigas de Antela,
minifundio...Mágoa que ao chegar ao concello de Rairiz de Veiga,
as estradas sigan sendo do século pasado...Desde Congostro hai
unha certa equidistancia a varias
vilas, importantes todas elas por distintos motivos, como Bande,
Xinzo de Limia, Celanova, Allariz e Verín. Nestas vilas,
así como na capital, poderá o visitante atopar toda a
infraestructura necesaria para pernoctar, comer, mercar... Tamén
Portugal está aí mesmo. Cidades importantes como
Braga, Viana do Castelo, ou Porto están “a tiro de
pedra”.
As praias de Vigo e o seu aeroporto, Cabeza de
Manzaneda, Santiago de Compostela, as serras de O Courel e de Os
Ancares, O Ribeiro, a Ribeira Sacra, os canóns do Sil, os
viños Mencía, Ribeiro, Monterrei, Albariño...Todo
queda á man desde Congostro.
|
|