|
III Andania Congostro
Tal e
como estaba previsto, o pasado domingo día 22 tivo lugar a III
andaina de Congostro. Xa o sábado os organizadores deron os
últimos retoques e o
domingo estaba todo a punto para empezar a camiñar ás 10
da mañá. Algúns pensaron que era un
chisquiño tarde, pois
estaba unha mañá preciosa e prevíase que
logo ía pegar ben o sol, como así foi. A partir das 9,30
xa empezaou a xente a concentrarse na Aira da Moa e ás dez e
algo empezou a andaina. Había unha chea de xente, de todas as
idades e de moi variada condición (referímonos á
condición física, claro). Subimos polo Bidueiro ata o
Castelo. (Hai que dicir que a organización dispuxo algún
atallo que se lle
atravesou a máis de un polo empinado que resultou). Congostro
lucía espléndido baixo ese primeiro sol da
mañá. Arriba, os penedos da Santa, San Miguel... Polo
camiño non faltou avituallamento con froita e bebida
fresca,
polo menos a de pola mañá.(Parece que pola tarde xa non
foi así de ben) Arredor das 13 horas empezou a xente a xuntarse
de novo na Aira da Moa. Alí foi o momento de repoñer
forzas. Por certo, hai que dicir que funcionou todo moi ben; o INORDE
portouse coa súa elegancia e eficacia habituais para con
nós e a comida estivo moi ben. Como quentaba o sol con
intención, cada un buscou as sombras como mellor puido. Pequeno
descando e segunda parte do percorrido. Á mañá xa
caeran case 9 quilómetros, e quedaban aínda outros 10
para toda a tarde.Fíxose esta segunda parte do percorrido polo último pasadoiro que queda das zonas lacustres da antiga Antela, fíxose unha plantación simbólica partindo da idea de " a árbore como símbolo de vida", pasouse moita calor e moita sede... Logo, xa de volta na aldea, fíxose a presentación da revista, sorteo de agasallos e demais e as caras dos participantes eran de satisfación ao tempo que de esgotamento. Un aspecto moi importante que non podemos deixar de considerar é que se aproveitou para darlle a esta andaina un toque de solidariedade e, ao final, xuntáronse 105 euros que van ser destinados a mercar material escolar para nenos do norte de África. Felicitámonos tamén por este éxito. Deixando de lado algún pequeno detalle, que sempre hai, o caso é que estivo todo moi ben, tivemos un día precioso, felicitamos aos organizadores e animámolos para que nos preparen outra similar para o próximo xuño. Grazas a todos. |