Ola,
ola... Xa que te atreves a asomarte a esta pequena xanela, faremos o
posible por che amosar a esencia desta pequena aldea cunhas poucas
letras e o apoio dalgunhas fotos. A ver qué che parece!![]()
Tal
como se pode ver no plano, estamos entre Bande, Celanova e Xinzo de
Limia, perto de Ourense e tamén de Portugal. Por autovía
estamos a pouco máis de unha hora de Vigo e a hora e media de
Santiago.
Os viños do Ribeiro e da Ribeira Sacra, as praias,
![]() Temos unha natureza abondosa e agradecida que co paso do tempo foi conformando o carácter tranquilo e aberto das nosas xentes. Por unha beira o Monte Castelo, por outra o Castro e ao fondo o río Limia, poñen cumpridas marxes a todo este conxunto.
Na
aldea, temos unha eira central, a Aira da Moa, que é o noso
maior orgullo e a verdadeira praza maior en torno á cal xira
todo canto aquí acontece. Coformando un círculo, ten esta
eira un conxunto de hórreos que con toda seguridade é un
dos mellores de toda Galiza, algo que paga a pena ver. Onde antes
había terra e se facían as bailas con gaiteiro, as
medas do centeo para logo mallar, onde se mallaban as fabas ou se
picaba a leña, onde xogaban os cativos e moceaban os rapaces,
agora temos un piso de pedra, unha fonte, bancos, focos de luz...A
verdade é que temos mellorado moito...
![]() Festa da Saínza, antes. Festa da Saínza, despois... Conservamos ben o que temos, restauramos muíños, fornos, forxas... Mantemos as nosas tradicións... ![]() Volver |